Voluntariado interxeracional 2025
ACOPROS leva a cabo o proxecto nomeado: Tesouros galegos para todos e todas: da terra ás redes, co apoio da Unión Europea NextGenerationEU e da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, a través da convocatoria BS508E Proxecto piloto Talento Interxeracional.
O proxecto promove a colaboración entre xeracións e a accesibilidade auditiva no turismo rural. Parellas de persoas voluntarias maiores e mozas visitaron sete concellos de baixa densidade poboacional en Galicia, onde identificaron recursos turísticos, realizaron accións de sensibilización e xeraron propostas de mellora.
Resultados principais:
-Participación activa de voluntariado interxeracional ao longo de todo o proceso.
-Sensibilización en establecementos locais e conversa directa coa cidadanía.
-Creación de sete guías individuais, unha para cada concello visitado, con recomendacións para avanzar cara a un turismo máis accesible e inclusivo.
O proxecto non tería sido posible sen o compromiso, a sensibilidade e a humanidade das persoas voluntarias. Grazas por regalarnos tempo, aprendizaxe e emocións. Grazas por achegar tecnoloxía, memoria, creatividade e vida.
Un territorio que escoita ás persoas é un territorio no que todas poden participar. A accesibilidade non é unha mellora: é unha condición para existir en igualdade.
*Proxecto financiado no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), da Unión Europea NextGenerationEU e a Xunta de Galicia; Consellería de cultura, lingua e xuventude.
ACOPROS » A Coruña : C/Petunias nº5 , Plaza de Santo Domingo nº4 y C/ Gregorio Hernández "ESPAZO AMIZAR" 3ªPlanta.
Vigo: C/ García Barbón 22, 1º, 36201
Lugo: C/ Concepción Arenal 39, 27004
Telf. 881 914 078 - 698 110 288 Aviso Legal - Politica de Privacidad - Información Adicional - Cookies- E-mail: acoprosnsr@gmail.com - INTRANET