SAUDE AUDITIVA

 

 

 

 

2025-06-20 00:00:00

 

Grazas á Asociación de Veciños “Gatos Roxos” As Gándaras en Lugo pola extraordinaria acollida que dispensaron a Inma Tabernero e Antía Rivas, Audióloga e Logopeda na charla sobre “ SAÚDE AUDITIVA” que ACOPROS ofreceu e á que asistiron máis de 30 persoas que mostraron moito interese na necesidade de coidar a nosa audición. O compromiso de ACOPROS de seguir sensibilizando a preto da importancia da saúde auditiva en todas as idades, pero en especial en persoas maiores. A petición das persoas asistentes, queda pendente unha segunda parte con imáxes e videos. Esta actividad enmárcase na Subvención directa nominativa da Excma Deputación de Lugo para o programa "APOIO INTEGRAL PARA MAIORES CON PERDA AUDITIVA”

 

 

 

 

 

 

 

ACOPROS »  A Coruña : C/Petunias nº5 , Plaza de Santo Domingo nº4 y C/ Gregorio Hernández "ESPAZO AMIZAR" 3ªPlanta.
 Vigo: C/ García Barbón  22, 1º, 36201
Lugo: C/ Concepción Arenal 39, 27004

Telf. 881 914 078 - 698 110 288 Aviso Legal - Politica de Privacidad - Información Adicional - Cookies- E-mail: acoprosnsr@gmail.com - INTRANET