Onte tivemos o pracer de recibir na nosa oficina de Lugo a D. José Tomé Roca, Presidente da Deputación e a D. Pablo Rivera Capón, deputado provincial de Promoción Económica e Social. Durante o encontro, puidemos presentarlles o traballo que realizamos dende ACOPROS. Ademais, varios usuarios de ACOPROS Lugo compartiron as súas experiencias, achegando unha visión real do que significa convivir coa xordeira. Queremos agradecer a Deputación de Lugo o seu apoio e a súa disposición para seguir colaborando en proxectos que melloren a calidade de vida e a inclusión das persoas xordas na nosa provincia. **Esta reunión enmárcase no proxecto "Apoio integral para maiores con perda auditiva", subvencionado pola Deputación Provincial de Lugo. A subvención foi concedida a ACOPROS (NIF: G-15048762) por un importe de 12.000,00€.
ACOPROS » A Coruña : C/Petunias nº5 , Plaza de Santo Domingo nº4 y C/ Gregorio Hernández "ESPAZO AMIZAR" 3ªPlanta.
Vigo: C/ García Barbón 22, 1º, 36201
Lugo: C/ Concepción Arenal 39, 27004
Telf. 881 914 078 - 698 110 288 Aviso Legal - Politica de Privacidad - Información Adicional - Cookies- E-mail: acoprosnsr@gmail.com - INTRANET