Onte tivemos o pracer de poder falar co Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e F.P, D. Román Rodríguez González, no II Congreso de Inclusión Educativa, celebrado en Santiago de Compostela. Un espazo de encontro e reflexión fundamental para seguir avanzando cara unha educación máis xusta, inclusiva e respectuosa coa diversidade. Agradecemos o seu tempo e receptividade. Dende o noso stand, puidemos dar a coñecer a nosa labor, proxectos e materiais orientados á inclusión educativa das persoas con discapacidade auditiva, así como resolver dúbidas e intercambiar impresións con profesionais e docentes interesados en construír contornas educativas máis accesibles. Foi unha xornada chea de aprendizaxes, conexións e motivación. Grazas á organización por facernos partícipes deste evento e a todas as persoas que se achegaron ao noso stand para coñecernos un pouco máis. En ACOPROS seguimos firmemente comprometidas coa inclusión, dentro e fóra das aulas. *Servicio de Atención y Apoyo a Familias (SAAF). ** Programa de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 do IRPF. Consellería de Política Social e Igualdade.
ACOPROS » A Coruña : C/Petunias nº5 , Plaza de Santo Domingo nº4 y C/ Gregorio Hernández "ESPAZO AMIZAR" 3ªPlanta.
Vigo: C/ García Barbón 22, 1º, 36201
Lugo: C/ Concepción Arenal 39, 27004
Telf. 881 914 078 - 698 110 288 Aviso Legal - Politica de Privacidad - Información Adicional - Cookies- E-mail: acoprosnsr@gmail.com - INTRANET