Agradecemento subvención concello de Lugo

 

 

 

 

2025-12-22 00:00:00

 

Grazas á subvención concedida polo Concello de Lugo ao longo deste ano levamos a cabo un proxecto orientado a promover a concienciación, a inclusión e a accesibilidade das persoas con discapacidade auditiva. Durante este tempo traballamos na sensibilización da sociedade sobre a realidade da perda auditiva, fomentando a comunicación inclusiva, así como na difusión da importancia da detección temperá. Ademais, ofrecimos información e orientación ás persoas en proceso de perda auditiva e as súas familias, dando a coñecer recursos. Este proxecto tamén serviu para crear espazos de encontro e intercambio de experiencias, favorecendo o apoio mutuo. **Subvencionado polo Concello de Lugo "Sensibilización auditiva, información, orientación e apoio"

 

 

 

 

 

 

 

ACOPROS »  A Coruña : C/Petunias nº5 , Plaza de Santo Domingo nº4 y C/ Gregorio Hernández "ESPAZO AMIZAR" 3ªPlanta.
 Vigo: C/ García Barbón  22, 1º, 36201
Lugo: C/ Concepción Arenal 39, 27004

Telf. 881 914 078 - 698 110 288 Aviso Legal - Politica de Privacidad - Información Adicional - Cookies- E-mail: acoprosnsr@gmail.com - INTRANET